O PP expulsa Rato e demais implicad@s no escándalo das 'tarxetas black'

O Comité de Dereitos e Garantías do partido comunicou a "baixa" d@s militantes.

Esta segunda feira (27 de outubro) o Partido Popular anunciou a tramitación da baixa d@s militantes inmers@s no escándalo das 'tarxetas black' vinculadas a Bankia. 

Através dun sucinto comunicado de 3 parágrafos, o Comité de Dereitos e Garantías do PP asegura que adoptou a decisión após "tomar declaración" a todas as persoas afiliadas que están relacionadas co caso e resolve desta maneira, sinala, "as baixas solicitadas por eles". 

Entre as persoas expulsas atópase Rodrigo Rato quen xa solicitara a "suspensión temporal" da súa militancia nun intento por desmarcar o escándalo da formación política. Porén, atinxe a un total de 28 militantes populares --conselleiros da entidade-- entre os que gastaron máis de 3 millóns de euros procedentes das coñecidas como 'tarxetas black'. 

Entre estas persoas atópase Rodrigo Rato. O que foi fundador de Alianza Popular (un dos "patas negras" do partido), vicepresidente económico con José María Aznar, director-xerente do Fondo Monetario Internacional e presidente de Bankia é xunto con Miguel Blesa e Ildefonso Sánchez, un dos imputados polo xuíz da Audiencia Nacional española, Fernando Andreu.

Rato foi a primeira opción de Aznar para a súa sucesión. Rexeitou a oferta por dúas veces. Cando quixo reconsiderar a súa negativa, Aznar díxolle que xa era tarde: Rajoy xa estaba na grella de saída. 

Comentarios