PP e PSOE impulsan unha moción de censura en Vimianzo sen o apoio das direccións galegas

PP anuncia unha reunión co grupo municipal para tomar "as decisións oportunas" e PSOE advirte que expulsará "de inmediato" @s edís que participen da medida, que botaría da alcaldía o nacionalista Manuel Antelo

Os grupos municipais de PSOE e PP rexistraron en Vimianzo unha moción de censura co apoio de Independentes co obxectivo de botar da alcaldía a Manuel Antelo Pazos (BNG), quen goberna en minoría con catro concelleir@s, namentres a oposición xunta nove edís.

Nin populares nin socialistas contan co visto e prace das direccións galegas das respectivas formacións políticas. A través dun comunicado de imprensa, PP informou de que se reunirá co grupo municipal para tomar "as decisións oportunas" namentres o PSdG, que tamén desautorizou a medida, advertiu que expulsará "de inmediato" @s edís que participen nela.

Con todo, o documento non conta coa sinatura de tod@s @s concelleir@s da oposición, pois os respectivos voceiros José Miñones (PSdG) nin José Manuel Pérez Trillo (PP) quixeron facer parte da inciativa que expulsaría da alcaldía o nacionalista Antelo Pazos.

Comentarios