O PP determina hoxe o seu futuro con todas as miradas postas en Feixoo

O líder do PP, Pablo Casado, quere "escoitar" esta noite os 'baróns' territoriais do PP e o que expoñerán ante o próximo congreso extraordinario antes de anunciar cando deixa as rendas do partido.
Pablo Casado con Alberte Núñez Feixoo, nunha imaxe de arquivo. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Pablo Casado con Alberto Núñez Feixoo, nunha imaxe de arquivo (Foto: Nós Diario)

Numerosos cargos do PP pediron estes días "xenerosidade" a Pablo Casado para que dea un paso atrás e comezar unha nova etapa que free a "sangría" de votos que está a sufrir o PP pola profunda crise interna. Todas as miradas diríxense xa ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo.

Con todo, unha vez que accedeu a convocar xa un congreso extraordinario como lle reclamaron estes días numerosos cargos do partido, fontes próximas ao líder popular non entenden por que non pode seguir á fronte do PP polo menos até a próxima Xunta Directiva Estatal da próxima terza feira e alí despedirse.

"Decisión persoal"

"Casado vai escoitar os baróns e a procurar a mellor solución. Non vai con ningunha formulación inicial de nada", sinalaron fontes próximas ao líder do PP, que cren que este encontro servirá para que cada un dos presidentes expoña a súa posición.

A 'número tres' do PP, Ana Beltrán, asegurou que a marcha de Casado é unha "decisión persoal", mais mostrouse segura de que o líder do PP fará "o mellor" para a formación, buscando unidade" para "sacar o partido adiante".

Casado recibe agora apoios

No medio da convulsión que vive o PP, e un día despois da dimisión de Teodoro García Egea como secretario xeral do PP, Casado acudiu ao Congreso para se despedir aproveitando a súa pregunta de control ao xefe do Executivo, Pedro Sánchez.

No seu discurso, lido nun ton máis solemne, dixo que entende a política, "desde a defensa dos máis nobres principios e valores", como "o respecto aos adversarios e a entrega aos compañeiros".

Comentarios