O PP considera “normal” que un xulgado investigue o seu voceiro no Senado

Miguel Tellado, portavoz da formación en Galiza, intenta restarlle importancia ao feito de que o Tribunal Supremo indague na posibilidade de abrir causa contra José Manuel Barreiro.

barreiro-crop
photo_camera Barreiro

José Manuel Barreiro, líder do PP na provincia de Lugo e portavoz estatal da formación no Senado, está a ser investigado por posíbel corrupción, algo que desde o seu partido en Galiza cualican de “normal”, segundo dixo o voceiro Miguel Tellado, designado por Núñez Feijóo unha vez que tivo que relevar á imputada Paula Prado. 

O Tribunal Supremo pediu á Fiscalía que informe por se deben abrir causa contra o dirixente galego do PP, ao que se relaciona presuntamente con delitos de prevaricación relacionados coa trama Pokémon, que tamén alcanza a varios concellos gobernados por PP ou PSOE, caso da Coruña, Lugo, Ourense ou Santiago.

Ademais, Tellado interpelou durante a súa rolda de prensa ás autoridades xudiciais, ás que pediu “celeridade” á hora de resolver o caso, para “evitar indefensión mediática”. 

Comentarios