O cadriño -un meme a partir dun cadriño dos Simpson- é suficientemente elocuente e explícase por si só. Unha figura coa fasquía de Krusty o Paiaso -en cuxa cara está superposto o logo de En Marea, para que fique claro quen é o agresor- tenta pisotear un Luís Villares que aparece deitado no chan cunha camiseta con raias negras horizontais, tipo presidiario. Contéñeno entre varios. Non por defender o parlamentar de Lugo senón porque máis violencia é xa inútil. "Deixádeo, xa está morto" é a lenda que pon texto ao cadriño.
O PP intensifica pois a súa presión sobre un portavoz de En Marea que, unha semana despois de estourar a crise Quinteiro, continúan sen se pronunciar sobre o asunto.
"Deixádeo, xa está morto". pic.twitter.com/aiBRgpFmB5
— PP de Galicia (@ppdegalicia) 27 marzo 2018