O PP bota man dun cadriño dos Simpson para proclamar que Villares "xa está morto"

O community manager de @ppdegalicia facturou esta terza feira un meme satírico -de pésimo gosto- sobre a situación en que fica Luís Villares após ser desautorizado polo grupo parlamentar de En Marea.

simpson

O cadriño -un meme a partir dun cadriño dos Simpson- é suficientemente elocuente e explícase por si só. Unha figura coa fasquía de Krusty o Paiaso -en cuxa cara está superposto o logo de En Marea, para que fique claro quen é o agresor- tenta pisotear un Luís Villares que aparece deitado no chan cunha camiseta con raias negras horizontais, tipo presidiario. Contéñeno entre varios. Non por defender o parlamentar de Lugo senón porque máis violencia é xa inútil. "Deixádeo, xa está morto" é a lenda que pon texto ao cadriño.

O PP intensifica pois a súa presión sobre un portavoz de En Marea que, unha semana despois de estourar a crise Quinteiro, continúan sen se pronunciar sobre o asunto.

Comentarios