mércores 08/12/21

O Consello de [email protected] deu luz verde á reforma do poder xudicial esta sexta feira. Entre as novidades, o ministro de Xustiza, Alberto Ruíz Gallardón anunciou mudanzas na condición de [email protected] Entre elas a incorporación de Sofía de Grecia, Felipe de Borbón e Letizia Ortíz. A muller do rei e o seu fillo adquiren --xunto coa dona deste-- o carácter de [email protected] que até o momento se restrinxía a Juan Carlos I. 

Desta maneira, só poderán ser [email protected] polo Tribunal Supremo de se lles abrir algún proceso xudicial. Unha decisión, explicou Alberto Ruíz Gallardón que visa "aumentar a seguridade xurridica" a aquelas persoas que "teñen que ter tutela". Así, o ministro asegurou que esta condición "non é un privilexio" pois entende que non ten "posibilidade de recurso perante o TS" senón que constitúe "un instrumento de seguridade xurídica".

Segundo Ruíz Gallardón "non viamos lóxico que un ministro do goberno for aforado e o príncipe herdeiro da coroa non". Embora a Constitución de 1978 só recoñecese esta condición ao monarca. 

A decisión do goberno español enmárcase no seo dunha importante crise da institución. Para alén dos escándalos protagonizados polo propio rei, a súa filla atópase inmersa nun proceso xudicial por malversación de fondos públicos e delito fiscal. No entanto, as dúas fillas do Borbón non adquiren coa reforma condición escepcional ningunha. 

Aforamento vitalicio para integrantes do Goberno, [email protected] e [email protected]

Tamén así, as mudanzas que o executivo de Mariano Rajoy introducirá a respeito do aforamento atópase a extensión deste con carácter vitalicio para aquelas persoas que ocuparon algúns dos cargos recollidos na Constitución de 1978 con esta condición.

A información galega está na túa man!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

Neste senso, @s integrantes do Goberno, presidentes do Congreso e Senado, do Supremo e do Consello Xeral do Poder Xudicial; Tribunal Constitucional, [email protected], [email protected], presidente da Audiencia Nacional e as súas salas e os recollidos nos Estatutos de Autonomía, entre outros, só poderán ser [email protected] polo Supremos aínda que xa non se atopen no seu cargo, sempre que o delito se cometese no exercicio deste. 

O PP blinda os Borbóns coa reforma do poder xudicial
comentarios