O PP apoia coma un só home a lei do aborto no Congreso malia o voto secreto

A votación no Congreso da proposición para retirar o anteproxecto da lei do aborto foi en secreto e en urna. Pero as e os deputados do PP non se moveron un milímetro da consignada dada polo partido.

O PSOE presentou unha proposición non de lei pedindo a retirada do anteproxecto que vai derrogar a lei de abertos existente para fixar a coñecida como 'gallardonazo'. Conseguiuse que a votación desa proposición fose secreta e en urna, confiando en que así habería marxe para o que se chama 'voto de conciencia'. As chamadas reiteradas dos socialistas ás parlamentares populares para que “non voten como deputadas do PP o que non votarían como mulleres” ía nese sentido.

Mais nada se moveu e o PP apoiou en bloque o 'gallardonazo'. Houbo 151 votos pedindo ques e retirase a lei, 183 en contra e 6 abstencións. O resultado foi recibido con aplausos nas fileiras populares e felicitacións ao ministro Gallardón. Unha imaxe que reflicte que o 'prieta las filas' triunfou máis unha vez.

Comentarios