Portugal deixa en aberto a ampliación de horarios e número de pasos con Galiza

A AECT Rio Minho acolle con “satisfacción” a posibilidade esbozada polo ministro portugués da Administração Interna, Eduardo Cabrita.

EuropaPress_3547763_alcalde_tui_enrique_cabaleiro_4i_alcalde_valenca_manuel_lopes_5il
photo_camera Alcaldes de ambas as beiras do Miño nun acto pedindo a apertuira de máis pasos (Foto: Europa Press)

O ministro da  Administração Interna de Portugal  en  aberto a  posibilidade de alterar  horarios nas fronteiras terrestres ou o número de postos de paso obrigado entre o territorio portugués e Galiza.

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial ( AECT) Río Minho esixiu a semana pasada aos Gobernos español e portugués "respecto" polos 6.000 traballadores transfronteirizos impedidos de cruzar a fronteira en todos os puntos que ligan o norte de Portugal e Galiza

O ministro Eduardo Cabrita manifestou "moita comprensión" en relación á situación e subliñou que ten mantido diálogo con todos os alcaldes do país.

"Comprendo a preocupación e por iso, ten habido pleno diálogo. E, como teño dito, haberá unha reavaliación  quincenal que en función da evolución da pandemia poderá  ponderar a alteración de horarios ou de número de postos de paso ", sustentou.

O Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial AECT Rio Minho manifestou esta segunda feira que os concellos miñotos manteñen a “máxima expectativa” ante a posibilidade de apertura de máis pasos na fronteira con Portugal, unha medida que poderá ser concretada nos vindeiros días.

O vicedirector do AECT Uxío Benítez explicou que os presidentes de cámara portugueses mantiveron contactos informais co Goberno central portugués,” o máis ríxido á hora de manter o peche da raia”, e salientou que "a pesar de non recibir información oficial, satisfacen as declaracións dadas por Eduardo  Cabrita, que deixou en aberto a posibilidade  de alterar horarios nas fronteiras terrestres ou o número de postos de paso obrigatoria”.

Benítez subliñou que é preciso que se abran todos os pasos existentes e se habiliten controis de maneira continua (24h) posto que, segundo subliñou, os horarios das empresas e do persoal laboral dunha e doutra beira do río son moi variados. Lembrou que o actual paso de Salvaterra, só aberto dúas horas pola mañá e dúas pola tarde, non supón ningún beneficio para traballadoras e traballadores, xa que ao traballar en quendas vense igualmente obrigados a cruzar o río a través do único paso autorizado de Tui por non coincidir os horarios.

Comentarios