COMARCALIZACIÓN

Portugal e Catalunya con mapas de seu

Portugal e Catalunya son dous exemplos na Península Ibérica de territorios que apostan nun mapa administrativo-territorial de seu, baseado en criterios propios e acaídos a unha realidade histórica, social, económica e política. Nunha Galiza na que un dos seus alicerces -a comarca- non ten apenas peso real máis aló do papel, achegámonos ao deseño territorial destes países. Eis un extracto da reportaxe publicada no número 309 de Sermos Galiza.

azulejos+of+portugal

7-17.23.14O modelo de organización territorial vai da man dun proxecto de xestión dese territorio, dun mapa co que se goberna e administra. Por iso é importante que a organización territorial se adecúe á realidade e dinámica propia do territorio, que contemple as circunstancias históricas, xeográficas, sociais, económicas e culturais do mesmo. Non sempre un territorio logra un mapa que reflicte iso, un mapa de seu. A propia extensión no Estado español do modelo territorial provincial de 1833 é un exemplo. Un modelo que en non poucos territorios (Galiza, Catalunya) nin se veu como propio nin se considera adecuado para responder ás súas necesidades. Catalunya deu pasos para estruturar o seu territorio de acordo coa súa división histórica, as vegueríes. Máis perto de nós, na veciña Portugal, a organización territorial ten un dos seus chanzos fulcrais nas freguesías. Son dous exemplos, na Península Ibérica, de como construír un mapa propio de organización territorial. 

As Juntas de Freguesía son, de acordo coa constitución da República de Portugal, o escalón da organización do Estado máis próximo á veciñanza. Os seus vogais son eleitos pola Assemblea de Freguesía, órgano elixido por sufraxio universal directo da cidadanía censada. Pódese dicir que son a representación civil das antigas parroquias e a lei encoméndalles un xeneroso abano de atribucións e competencias, nomeadamente no eido social.
 

[Podes ler a reportaxe íntegra no número 309 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]

Comentarios