Portavoz do PP en Sanxenxo: “En época de Franco estariades no calabozo, agardando a pena de morte”

María Deza pronunciou esta frase no decorrer dun pleno extra-ordinario deste concello pontevedrés,l segundo 'Diario de Arousa'.

"Antes, en época de Franco, pola súa maneira de falar vostedes estarían no calabozo agardando a pena de morte”. Esta foi literalmente, e segundo recolle o Diario de Arousa, a frase que a voceira do Partido Popular en Sanxenxo dixo no transcurso dun pleno municipal e a raíz de que a oposición pedise que se afastase a técnicos imputados nunha investigación.

Non é esta a primeira vez que cargos e representantes do PP de Galiza fan declaracións desta índole. Cómpre lembrar as do alcalde de Baralla na que xustificaba os asesinatos franquista na súa propia comarca.

As declaracións de Deza xa tiveron resposta en formacións como Compromiso por Galicia, que pediron a súa demisión.

Comentarios