As portas xiratorias seguen a funcionar para o PP galego

As portas xiratorias son un dos asuntos máis escabrosos da política. A falta de regulación permite que políticas e políticos sentados nun despacho público pasen a dirixir empresas, facendo negocios mesmo en sectores que dependen moito das decisión gobernamentais.

[Imaxe: Xunta]
photo_camera [Imaxe: Xunta]

6Até 58 ex altos cargos políticos españois traballaban para compañías que cotizan no IBEX 35. Felipe González, Villar Mir, Josep Piqué son algúns dos nomes máis coñecidos. Galiza non é unha excepción.

O caso máis relevante no país é o de José Antonio Carlos Del Álamo Jiménez, director xeral de Montes entre 1990 e 1996 e conselleiro de Medio Ambiente entre 1997 e 2003. A oposición enarbora regularmente o seu asento no Consello de Administración de ENCE Energía y Celulosa -onde comparte despacho con outros cargos conservadores como a exministra de Medio Abiente Isabel Tocino e o exsecretario de Estado de Augas Pascual Fernández- ao denunciar o trato de favor do PP á industria instalada na concesión pública de Lourizán.

Con todo, o ex-gobernante ten outros moitos intereses empresariais na Galiza e non tan coñecidos. Negocios que ademais se benefician de adxudicacións de contratos por parte de administracións públicas. 

Así, por exemplo, Del Álamo é vicepresidente de Técnica y Proyectos SA (TYPSA). Esta consultora madrileña acaba de co-realizar parte da reforma da ponte de Rande, en concreto o deseño da ampliación, mediante un orzamento de 37 millóns do total dos 93 que custou a obra. TYPSA fixo esta obra a través da súa filial MC2 Estudio de Ingeniería, que controla ao 100%.

[Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 281, á venda na loxa e nos quiosques]

Comentarios