Pontón vincula a superación da “Galiza bonsái” cun reforzamento do BNG

A portavoz nacional do BNG insiste en que as forzas políticas estatais só defenden as decisións das súas direccións madrileña, o que produce a irrelevancia política do país na axenda estatal.
Ana Pontón trasladará mañá á Xunta medidas para paliar as consecuencias do coronavirus [Imaxe: BNG].
photo_camera Ana Pontón este luns no Parlamento.

“Un dos principais problemas que ten Galiza é a irrelevancia política á que nos conduce o centralismo das forzas políticas estatais”, afirmou esta segunda feira en rolda de prensa a líder do BNG, Ana Pontón. Para corrixir esta situación, Pontón avanzou os dous primeiros obxectivos do BNG no curso político que comezou esta segunda feira: lanzar unha ofensiva para defender os intereses de Galiza diante de Madrid e seguir sumando no BNG para abrir unha nova etapa no goberno do país. 

Repartiu culpas a portavoz nacionalista entre o PP, o PSOE e Podemos, que non defenden, dixo, “os intereses dos galegos e galegas en Madrid porque só están preocupados por defender as decisións das súas direccións madrileñas”.

Pontón cualifica o actual goberno da Xunta como “goberno fracasado” e advirte unha vez máis da situación de precariedade no emprego, crise industrial, crise demográfica e de servizos públicos deteriorados e privatizados.

“Somos os últimos da fila á hora de modernizar o noso ferrocarril, segue habendo peaxes abusivas nas autoestradas, seguimos coas pensións máis baixas do Estado e sen alternativas ás empresas electrointensivas”, insistiu Pontón para describir “a Galiza bonsái” e sinalou que “os famosos 700 millóns [da transferencia bloqueada pola provisionalidade do goberno en Madrid] son apenas unha anécdota se os comparamos con todo o que nos debe o Estado”.

“Ou nos facemos valer ou non imos avanzar”, dixo a dirixente nacionalista que reclamou para o BNG a condición de alternativa fronte “a submisión de Feixoo a Madrid e as súas políticas que representan o pasado”.

Comentarios