venres 10.07.2020

Ana Pontón ve "ilegal e inmoral" o anuncio de Pastor de novas obras de Fomento por facerse en plena campaña

A ministra de Fomento, Ana Pastor, fixo público esta segunda feira que este mesmo mes se van licitar a ampliación da AP-9 en Rande e a circunvalación de Santiago.

En campaña non se poden realizar anuncios de novas obras, nin realizar inauguracións. Vai contra a lei eleitoral, por ser un puro ventaxismo que persegue réditos partidistas.

Porén, a ministra de Fomento anunciou onte que este mesmo mes iría licitar a ampliación de Rande e a circunvalación de Santiago.

Pastor realizou o anuncio no decurso dun almorzo informativo en Santiago de Compostela patrocinado precisamente por Audasa, a empresa que explota a autoestrada.

O PSdG presentará un recurso

A reacción das forzas de oposición non se fixo agardar. O PSdeG informou de que presentaría un recurso contra a xunta eleitoral, mentres que polo BNG Ana Pontón cualificou o anuncio de Pastor de "ilegal e inmoral".

Aliás, a viceportavoz parlamentar do BNG enfatizou que o que agarda a sociedade galega é que se verifiquen as súas promesas en relación á traxedia de Angrois [a adopción de medidas de seguranza que aínda non se puxeron en marcha para tornar imposíbel un sinistro das dimensións do ocorrido o 24 de xullo de 2013].

comentarios