Pontón pon na Mariña o BNG como exemplo de valedor da veciñanza e os sectores produtivos

A portavoz nacionalista contrapón o “avance” en xestión e calidade de vida nos concellos gobernados polo Bloque fronte aos outros.

bng xove
photo_camera Unha imaxe do acto que tivo lugar en Xove.

O modelo municipal do BNG fronte ao “fracaso da vella política caciquil” do PP, a defensa do Bloque de veciñanza e sectores produtivos, o compromiso das e dos nacionalistas nuns concellos “abertos e transparentes”... Ana Pontón esgrimiu este domingo diversos argumentos para instar a xente a que confíe no nacionalismo para gobernar os seus municipios.

Pontón participou no mitin comarcal na Mariña en Xove, coas intervencións dos rexedores e candidatos á reelección nos concellos de Ribadeo e de Muras,  Fernando Suárez Manuel Requeijo, así como as candidatas por Viveiro e Barreiros, Miriam Bermúdez e Ana Hermida, e o candidato por Xove, Xosé Manuel López Hermida.

ponton miranda bng xove

Contrapuxo o modelo municipal de éxito do BNG “co fracaso nos concellos desta comarca”, tomando como exemplo de transformación en positivo a favor das persoas os gobernos nacionalistas de Ribadeo e Muras. Por iso pediu “estender o modelo municipal do BNG aos concellos da Mariña e de Galiza a partir do 26M, porque demostramos que somos capaces de facer política municipal con maiúsculas dan man dun proxecto sólido”.Apelou á mobilización para sumar máis a un Bloque “en remontada”.


Garantía en Europa


Ana Miranda, candidata do BNG ao Europarlamento reivindicou a eficacia política do Bloque en Bruxelas a favor do país fronte “ao desleixo do PP e do PSOE”,  en temas como o saneamento das rías, na defensa dos sectores produtivos, da preservación do medio ambiente. “Porque somos garantía de seguir defendendo os intereses de Galiza na Eurocámara, porque temos vontade de traballo, compromiso e somos a voz galega que non cala”.

Comentarios