Pontón sobre Feixoo: “É o último mohicano do neoliberalismo de Trump”

A portavoz nacional incidiu en que "cando todo o mundo di que os que máis teñen, teñen que pagar máis", o presidente da Xunta "achega agasallos fiscais para quen ten máis recursos".
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón (Foto: Arxina)
photo_camera A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, nunha imaxe de arquivo (Foto: Arxina)

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, cualificou de "propaganda" as palabras do presidente da Xunta, Núñez Feixoo, sobre os orzamentos para 2022 -que definiu como os "máis altos da historia"- e puxo en cuestión a rebaixa do IRPF anunciada.

"Vemos uns orzamentos case conxelados este ano", expuxo, aos xornalistas, Pontón, para quen sen a devolución do IVE serían "menores". No seu montante global, cualificounos, ademais, de "insuficientes para enfrontar as necesidades que ten a sociedade galega", dixo en referencia á pandemia, a crise demográfica e industrial e "o reto de fortalecer servizos públicos".

"O señor Feixoo é o ultimo  mohicano do  neoliberalismo de  Trump", aseverou tamén a dirixente nacionalista, quen o defina, ademais, como un "kamikaze que conduce en dirección contraria".

Así, incidiu en que, "cando todo o mundo di que os que máis teñen, teñen que pagar máis", o presidente da Xunta "achega agasallos fiscais para quen ten máis recursos".

"Seguro que os galegos prefiren catro euros menos no seu peto e ter garantidos servizos públicos fortes”, manifestou Pontón, quen, fronte a unha política fiscal " regresiva"

Por outra banda, do anuncio da baixada do IRPF aseverou que "a gran rebaixa fiscal de Feixoo supón a cada galego ao mes catro euros máis no seu peto". "De que nos vale se nos recorta en sanidade, educación, atención a persoas maiores ou recursos para manter en pé os servizos públicos", preguntouse

"Seguro que os galegos prefiren catro euros menos no seu peto e ter garantidos servizos públicos fortes”, manifestou Pontón, quen, fronte a unha política fiscal " regresiva", defendeu outra " redistributiva".

Por outra banda, asegurou que se o presidente da Xunta quere axudar os galegos para abaratar a factura da luz "ten que defender medidas como ter unha tarifa  eléctrica máis barata na Galiza e deixar de abrazar ao lobby eléctrico", manifestou ao demandar que se esixa a empresas que explotan recursos galegos que tributen na Galiza.

Comentarios