Reclama grandes acordos de país

Pontón exíxelle a Feixoo "cambios estruturais" e "altura de miras"

A lider do BNG lémbralle, ao recente investido presidente, que os problemas da Galiza diante da realidade da Covid-19 exixen cambios estruturais, pois “non sairá adiante con rutina”.

EuropaPress_3297248_fwd_fotografias_ana_ponton_sesion_investidura
photo_camera Ana Pontón nunha comparecencia do hemiciclo. / BNG

A portavoz do Bloque Nacionalista Galego (BNG) pediulle ao recente investido presidente Feixoo, “altura de miras” neste cuarto mandato e que os 42 deputados e deputadas dos que vai dispor o Partido Popular no Parlamento “non lle impidan ver os problemas das galegas e os galegos” para poder acadar “grandes acordos de país”.

A líder nacionalista, que participou no acto de investidura celebrado esta mañá no Pazo do Hórreo, afirma que esta será unha lexislatura “moi difícil e moi dura” que vai a obrigar a chegar a “acordos de país” diante dunha situación “crítica” marcada pola Covid-19.

“A pandemia segue entre nós e atácanos no ámbito sanitario e no económico, recalca Pontón, e advírtelle ao presidente que Galiza “non sairá adiante con rutina”, senón que é preciso por en marcha “cambios estruturais” e “aprender as leccións” que deixa esta crise.

Ana Pontón, centrouse no seu labor e no do BNG para prometer que liderará a oposición na Cámara “de maneira construtiva e pondo por diante os problemas” da cidadanía.

Comentarios