Acto coa mocidade no Local da Música de Pontevedra

Pontón defende que "nunha lexislatura sen maiorías absolutas, Galiza non pode ser espectadora"

Sprint final de campaña e a portavoz nacional do BNG estivo en Pontevedra, cidade emblemática para a formación nacionalista. Pontón esfórzase por transmitir a mensaxe de que Galiza ten de ter no Congreso "unha voz que defenda os nosos intereses durante os 365 días do ano".

Ana Pontón
photo_camera Ana Pontón, cos mozos músicos

A próxima lexislatura tampouco haberá maiorías absolutas, enfatizou Pontón, e nese escenario "Galiza non pode ser espectadora nen graneiro das forzas estatais".

A líder da formación soberanista cargou contra "os dirixentes da Nova Política" que, dixo, veñen a Galiza "a defender o mesmo centralismo que podería estar defendendo Aznar", afirmou en alusión á presenza, nas últimas horas no noso país, de dirixentes como Íñigo Errejón, Albert Rivera e Alberto Garzón.

Pontón protagonizou un acto con xente moza no Local da Música de Pontevedra na compaña do número 1 do BNG Nós Candidatura Galega ao Congreso por esta circunscrición, Luís Bará. "Necesitamos unha voz firme" no Congreso, dixo no seu encontro cos meios a portavoz nacional do Bloque, unha voz que non sexa un "apéndice" de ningunha forza estatal.

Pontón protagonizou un acto con xente moza no Local da Música de Pontevedra na compaña do número 1 do BNG Nós Candidatura Galega ao Congreso por esta circunscrición, Luís Bará

Por súa parte, Bará puxo en valor a aposta do goberno municipal de Pontevedra polos locais de música, unha experiencia posta en andamento durante o goberno de coligazón PSdeG-BNG na Xunta da Galiza que logo foi torpedeada en moitos concellos polo PP. En Pontevedra non só non foi así, salientou o candidato, senón que máis de 300 grupos teñen pasado polo Local de Música, mesmo coa posibilidade de comezar a gravar as súas producións.

Ana Pontón, no Local de Música de PontevedraNo acto coa mocidade, Bará comprometeuse a trasladar as súas demandas ao Congreso. "Dende o BNG apostamos pola innovación, o coñecimento e a ciencia e temos experiencias galegas pioneiras nestes ámbitos", dixo, ao tempo que engadiu que "teño a esperanza de que o nacionalismo galego vai poder cambiar o papel que lle teñen asinado a Galiza, porque temos futuro".

Comentarios