Pontón apela a unha “participación masiva” nas eleccións xerais

De sesión vermú. Así pasaron a mañá do sábado candidatos e candidatas do BNG-Nós ás eleccións xerais. A Praza Roxa de Compostela foi o lugar elixido por Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, e por Carlos Callón, nº1 pola Coruña, para se citaren con militantes e simpatizantes nacionalistas na xornada de reflexión.

photo_camera Xornada de reflexión con Ana Pontón e Carlos Callón

Ana Pontón chamou na mañá do sábado á “participación masiva de todos os galegos e galegas o 20X para expresar nas urnas o que consideren mellor para Galiza e para os seus soños”. “Agardamos que sexa unha xornada histórica en termos de participación, onde os soños dos galegos e das galegas se vexan reflectidos”, engadiu a portavoz nacionalista.

Na mesma liña, Callón salientou a importancia de que “todos e todas participemos mañá para expresar os nosos soños para o futuro”.

Pontón e Callón citáronse en Compostela con militantes e simpatizantes do BNG para tomar un vermú e compartir a mañá desta xornada con reflexión. A portavoz nacionalista lembrou que o Bloque “fixo unha campaña con propostas e con alternativas para que a cidadanía teña motivos para ir votar de xeito masivo”. “Hai moito en xogo e a voz de todas e todos debe continuar”, subliñou.

A portavoz nacional do Bloque pasará o resto do sábado coa familia e amigos, mentres que Callón se sumará á festa da Muiñada en Ribeira. Na xornada deste domingo, o BNG-Nós seguirá os resultados desde a Nave de Vidán, en Compostela.

Comentarios