Política

Pontón afirma que vai ir "a por todas" nas eleccións á Xunta e aposta pola chegada do "cambio político"

A portavoz nacional do BNG conta que a súa formación dará "un gran salto adiante" e recollerá "un maior apoio electoral" en 2020
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, no Parlamento da Galiza (Europa Press)
photo_camera A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, no Parlamento da Galiza (Europa Press)

A portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Ana Pontón, sostivo onte que irá "a por todas" nas eleccións á Xunta para lograr un "cambio político" no país este 2020.

Pontón conta con dar "un gran salto adiante" na vindeira cita galega coas urnas "recollendo un maior apoio electoral". Nesta liña, afirmou que "canto máis BNG, menos PP" e que a súa formación é "chave" para que Feixoo "perda a súa maioría absoluta". "Estamos traballando xa con toda a ilusión, a ambición e a seriedade porque entendemos que este 2020 vai ser o ano do cambio político na Galiza", dixo.

Así mesmo, Pontón fixo énfase en que o BNG ofrece "un proxecto serio e solvente no que poder confiar" para deixar atrás "unha década nefasta de recortes e incompetencias".

A información íntegra pode consultala na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.

Comentarios