A xunta de Goberno local de Pontevedra aprobou esta segunda feira a presentación dun "incidente de nulidade de actuacións" tras a sentenza do Tribunal Supremo que avalaba a validez da prórroga da concesión da fábrica de Ence en Lourizán.
A portavoz municipal, Anabel GulÃas, afirmou que ese ditame "xera indefensión" para o Concello, argumentando que "habÃa máis motivos" que a reclamación contra a localización da fábrica.
Tras a valoración desa sentenza (que o goberno municipal considera "inxusta") por parte dos servizos xurÃdicos do Consistorio, esta será "a primeira das accións" que impulsará o Concello "por terra, mar e ar para devolver á cidadanÃa o espazo que lle pertence", xustificou GulÃas parafraseando as palabras do propio alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, tras coñecerse a sentenza do Tribunal Supremo que estimaba o recurso de casación presentado pola empresa.
"Cando a Audiencia Nacional estima o noso recurso, non valora todos os motivos que esgrimimos, só un", explicou a portavoz municipal, en alusión ao artigo 32 da Lei de Costas, en canto a que as instalacións de Ence "pola súa natureza podÃan ter outra situación fóra do dominio público marÃtimo-terrestre".
Neste sentido, a reclamación do Concello de Pontevedra implica dirixirse ao Tribunal Supremo para "paralizar" o que estimou no seu ditame "e volver de novo á Audiencia Nacional (que avalara a saÃda da pasteira da súa actual localización) para que se xulguen os motivos esgrimidos" na totalidade do recurso presentado polo Goberno local.
AsÃ, entre os argumentos que, segundo Anabel GulÃas, non se tiveron en conta, figura a "vulneración da lexislación ambiental galega" en materia do Plan de Ordenación do Litoral e as Directrices de Ordenación do Territorio.
Tampouco se valoraron as circunstancias sobre a concesión da prórroga por parte dun Goberno en funcións, en 2016, sen "garantÃas acordes coa importancia de someter a rÃa a todos eses anos de condena".
Ademais, o Concello de Pontevedra reclamaba a aplicación da directiva de servizos da Unión Europea, xa que serÃa necesario que a concesión dos terreos fose por "concorrencia competitiva, non a dedo", e a "caducidade expresa da prórroga de 2018".
"Moitos motivos"
"Non hai un só motivo para que Ence marche da rÃa, hai moitos", insistiu GulÃas, lembrando a situación de seca do pasado verán para rexeitar unha sentenza que "non por coñecida resulta menos dolorosa".