Pontevedra declarará Mariano Rajoy persoa 'non grata'

O Pleno municipal aprobará a moción presentada polo PSdeG e A Marea e que conta co apoio do BNG. 

Mariano Rajoy_PP
photo_camera Mariano Rajoy [Imaxe PP]

O Concello de Pontevedra declará esta segunda feira 21 de febreiro persoa 'non grata' a Mariano Rajoy. Así o acordaron PSdeG e Marea (autoras da moción) e o BNG, cux@s edís lle darán apoio. 

Trátase dun feito simbólico co que queren amosar o rexeitamento da corporación á prórroga concedida polo goberno español en funcións a ENCE. Neste senso, o alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores (BNG) asegurou que "ten máis que merecido esta declaración como persona non grata" pois "non respondeu ás expectativas que os pontevedreses deberíamos ter dun presidente do Goberno que é de Pontevedra". 

Porén, o rexedor sinalou que esta moción "non resolve nada" para alén do simbólico pois Mariano Rajoy "xa é persoa non grata desde hai moito tempo". Neste senso, Lores reclamou ás demais forzas políticas que esta declaración formal "non nos despiste do fondo da cuestión" que continúa a ser, sinalou, frear a prórroga que concede á pasteira 60 anos máis en Lourizán. 

Comentarios