"A política galega actual está en modo zombi"

En VeñaMáis5 falamos esta terza feira con Antón Losada, un dos máis agudos analistas da política galega. Tertuliano en distintos meios e profesor da USC, colabora no Sermos en papel, coa súa columna Arrenégote Demo.

Antón Losada. 3 de maio de 2016
photo_camera Antón Losada

-Como avalías o estado actual da política galega?

-Estamos en modo zombi. Un presidente zombi que pensaba dar o salto a Madrid e matárono antes os seus competidores no partido e agora pasea coma un walking dead polo país sin saber qué facer con il ou co seu destino e unha oposición que tamen parece morta en vida e non sabe facer outra cousa que exibir públicamente as súas desgracias e apodrecementos.

-Que evolución agardas da política galega a cinco anos vista?

-Non creo que descubramos a cura do virus zombi que nos afecta. Só espero que pase algo bo no nacionalismo porque penso que nos outros espazos políticos só haberá máis do mesmo: veremos a estéril pelexa pola sucesión dun Feijóo condenado a ser presidente e máis episodios de vendettas e miserias persoais no socialismo. Espero que no nacionalismo estes anos sirvan para completar un relevo xeneracional, político e organizativo que leva sendo demorado máis de unha década

-Que esperas de Sermos nos próximos cinco anos e en que cres que debemos e/ou podemos mellorar?

Que no panorama duns medios galegos dominados polas posición conservadoras e antinacionalistas siga sendo unha voz crítica e independente. Alguen ten que contar o que ninguén quere contar en Galicia.

Comentarios