A Policía detén un mozo independentista en Ourense

Aladios G. Y, ‘Che’, estaría acusado polas Forzas de Seguridade españolas de ser responsábel de provocar danos nunha sede do PP e nun banco


 

O mozo Aladios G.Y, coñecido como ‘Che’ foi detido por axentes da Policiía Nacional na cidade de Ourense, e a estas horas estaría na comisaría de As lagoas, segundo confirmaron fontes do organismo anti-represivo Ceivar.

O mozo, militante da Assembleia da Mocidade Independentista (AMI) e moi implicado no movemento social da cidade, estaría acusado de provocar danos nunha sede do Partido Popular e nunha entidade financeira e está previsto que nas vindeiras horas pase a disposición xudicial.

Nas últimas horas, e através das redes sociais, amigos e compañeiros de Che manifestaron o seu rexeitamento a unha detención que cualifican de "política" e preparan actos de solidariedade


 

Comentarios