A Pokémon tamén salpica a Barreiro, portavoz do PP no Senado

Antigo rival de Feijóo polo liderado do PP de Galiza, os investigadores cren que percibiu 5.000 euros de Vendex.

José Manuel Barreiro é un cadro dirixente moi relevante do PP. É neste momento o seu portavoz no Senado. Pelexou no seu momento pola sucesión de Fraga, en principio situado na ala menos españolista do partido.

Agora Vixiancia Alfandegueira sitúao no albo das súas investigacións. Informes policiais sinalan que percibiu 5.000 euros directamente do chefe de Vendex na Galiza, José María Tutor. Para que? Para que desactivase as críticas que no seo do seu proprio partido se estaba a erguer contra a concesionaria da ORA en Lugo, unha filial de Vendex.

O senador do PP nega as acusacións e afirma que a súa formación política presentou até 83 iniciativas no concello con críticas á forma en que o goberno local do PSOE estaba a xestionar o asunto da ORA.

Comentarios