Podemos valora investir un presidente "independente"

Nunha entrevista en Onda Cero, Íñigo Errejón asegurou non ver "moito a Pedro Sánchez de presidente" e dixo apostar "en figuras independentes", "alén dos partidos" para liderar "transformacións importantes". 

Íñigo_Errejón_en_Argentina_en_2015_4
photo_camera [Íñigo Errejón]

O número dous de Podemos e recén eleito deputado da formación nas Cortes españolas, Íñigo Errejón, lanzou esta terza feira, unha das ideas que valora a súa organización de cara á investidura da nova presidencia do Goberno en xaneiro de 2016. Neste senso, nunha entrevista concedida a Onda Cero, Errejón afirmou que Podemos é favorábel a que sexa un presidente "independente" que vaia "alén dos partidos" quen lidere "transformacións importantes". 

O eleito parlamentar referiuse a reformar sobre as que existiría grande consenso como a da Lei electoral ou os cortes no suministro eléctrico.  

Desta maneira, Podemos desmarcaríase de dar apoio ao líder do PSOE, Pedro Sánchez, de quen dixo "non vexo moito de presidente" ao tempo que lembrou teñen vontade de iniciar unha rolda de contactos con todas as formacións políticas ás que piden, dixo, "ollada longa para non se precipitar". 

A "figura independente" da que fala Errejón estaría encarnada nunha persoa allea a esas formacións e que non se tería presentado ás eleccións. 

Comentarios