Podemos somete a referendo a súa confluencia mais non permite propostas alternativas ás da dirección

As bases poderán votar se concordan coa estratexia de alianzas deseñada por Iglesias.

[Imaxe Podemos]
photo_camera [Imaxe Podemos]

Podemos convoca un referendo interno para que as persoas que integran a formación se posicionen a respeito da política de alianzas deseñada pola dirección política. 

Neste senso, a pregunta que se lles formulará será: "aceptas que o Consello Cidadán de Podemos, en aras de seguir avanzando na construción dunha candidatura popular e cidadá, estabeleza acordos con distintos actores políticos e da sociedade civil sempre que 1) os acordos se estabelezan a escala territorial (nunca superior á autonómica) 2) manteñan sempre o logotipo e o nome de Podemos no primeiro lugar da papeleta electoral mesmo se isto implica concorrer ás eleccións xerais nalgúns territorios con fórmulas de alianza (Podemos-X)?". 

En síntese, a militancia deberá votar Si ou Non ao deseño presentado por Pablo Iglesias e aprobado polo Consello Cidadán mais sen posibilidade algunha de propor unha outra opción. 

A consulta foi fixada de acordo cos estatutos da formación e a estratexia que defende en concordancia coa folla de rota aprobada na Asemblea de Vistalegre. 

Nas últimas semanas, diversas iniciativas que integran tamén militantes de Podemos, chamaron a organización de Pablo Iglesias a se sumar a procesos de confluencia que non tivesen Podemos como paraugas. Eis o caso de Ahora en Común, mais ás que o secretario xeral de Podemos acusou de constituír unha "chantaxe". 

Comentarios