ERREJóN DI QUE ABRIRÁN A CAMPAñA EN CáDIZ, "BERCE DA NOSA SOBERANíA NACIONAL"

Podemos propón "un novo pacto territorial de convivencia para as próximas décadas"

A formación política presentou web para os comicios do 20 de decembro baixo o lema 'Un país contigo'.

Podemos
photo_camera [Imaxe Podemos]

Podemos lanzou esta segunda feira (23 de novembro) a páxina web e máis o lema de campaña de cara ás eleccións ás Cortes españolas que terán lugar o 20 de decembro. Íñigo Errejón foi o encargado de debullar polo miúdo os contidos do site e tamén das propostas que centran o programa electoral da formación política. 

Como director de campaña, Errejón presentou o lema como un "convite persoal" á xente para "construír un país" alicerzado nun "pacto de convivencia" que pasa por "cinco acordos". 

Entre eles cuestións de participación e transparencia política; fiscalidade, dereitos sociais e medidas para "erradicar a corrupción". Mais tamén, dirixidas a garantir a "unidade" territorial "desde a diversidade". 

"Queremos encabezar unha proposta de reforma constitucional para que o libre acordo sosteña a convivencia", dixo Errejón ao tempo que asegurou no seu partido "non renunciamos a namorar Catalunya cun goberno capaz de propor renovación". 

Podemos arrancará a campaña en Cádiz, "berce da nosa soberanía nacional", dixo Errejón

"Un país de países", así defende Podemos o Estado español e para iso propón unha reforma da que emane "unha auténtica Cámara territorial", en troca do actual Senado, "recoñecer a pluralidade nacional" e un reparto de "recursos" económicos baseado nunha lóxica "xusta e solidaria". 

Desde este prisma reformista encetarán a campaña en Cádiz, "berce da nosa soberanía nacional" e da Constitución --a de 1812. Desde alí, defendeu Errejón, queren "modernizar" e "refacer o pacto constitucional". 

Máis en POLÍTICA
Comentarios