Podemos non concorrerá ás municipais en todo o Estado para non ser pasto de ‘paracaidistas’

A organización quer evitar que se ‘coen’ nas listas persoas que non reúnen as ‘’garantías’’. Aposta por favorecer a creación de candidaturas cidadás.

A relevación das eleccións europeas non presentará candidaturas á cita das municipais en todo o Estado español, segundo informa El Diario. Unha decisión adoptada polo equipo promotor de Podemos e que aínda está pendente de ser ratificada após debate. A razón de non se presentar sería a de evitar ser pasto de ‘paracaidistas’. “Non podemos configurar listas sen contar con todas as garantías”, aseguran. Non acudir a esas municipais ten riscos, recoñecen, como o de frear a tendencia ascendente de Podemos. Mais non facelo compensa os riscos.

Mais non concorrer coa marca Podemos non significa que non se esté nas municipais. Podemos apostará por favorecer a creación de candidaturas cidadás, que nas últimas semanas agroman en diversas cidades do Estado. 

Comentarios