Podemos Galiza deixa fóra En Marea para o 28A

Circunscribe o diálogo para unha candidatura cara ás eleccións xerais ás tres forzas "que nos xuntamos en 2015", en referencia a Anova e Esquerda Unida.

mais podemos presentacion

"Podemos Galiza iniciamos o diálogo entre as tres forzas que nos xuntamos en 2015 para impulsar, en concordancia coas mareas muncipalistas, a coalición electoral que levou a voz de máis de 400.000 galegas e galegos ao Congreso e ao Senado". O comunicado da formación que lidera en Galiza Antom Gómez Reino fala ás claras: a candidatura para o 28 de abril será cousa de Podemos, Esquerda Unida e Anova. A En Marea nin se lle cita nin se lle espera.


O comunicado do partido de Pablo Iglesias en Galiza chega pouco despois de que Esquerda Unida e Anova emitisen os seus. Todos, uns de forma máis contundente e outros menos, coincidían no fundamental: están traballando para unha candidatura nas Xerais nas que a En Marea dos 'villaristas' non tería cabida..

Podemos Galiza afirma que o diálogo establéceo "cos aliados cos que vimos construíndo ferramentas de maiorias no noso pais" para "definir a ferramenta coa que continuar e reforzar o traballo que traslada a voz e as demandas das galegas e os galegos ao Congreso e ao Senado".


 

Os de Gómez Reino aseguran que durante esta lexislatura "o grupo da Marea no Congreso -xurdido como froito da coalición das tres forzas-" situou en primeira liña as preocupacións dos galegos e galegas.


 

Comentarios