Podemos fixa o 24 deste mes como inicio do proceso para elixir persoa candidata á Xunta

El secretario general de Podemos en Galicia, Antón Gómez-Reino, posa tras una entrevista con Europa Press, en la sede
photo_camera O secretario xeral de Podemos na galiza, Antón Gómez-Reiino (Europa Press)

Podemos Galiza abrirá o 24 de febreiro o proceso de primarias para a elección da persoa que será candidato ou candidata da formación ás eleccións galegas.

Así o decidiu o Consello Cidadán Galego de Podemos, que esta fin de semana aprobou o calendario deste proceso no que se decidirá quen é a persoa máis adecuada, segundo as electoras, para "impulsar" o proxecto do partido na Galiza.

O 24 de febreiro presentaranse as preinscricións individuais das candidaturas (ata o 29 do mesmo mes). As listas provisionais publicaranse o 1 de marzo, realizaranse outros trámites de subsanación, avais persoais e peche do censo até o 4 de marzo.

Posteriormente, as listas rexistraranse o 8 de marzo e as candidaturas definitivas publicaranse o 10 de marzo. As votacións terán lugar do 14 ao 20 e os resultados proclamaranse o 24 de marzo.

Deste xeito, o partido pretende "ofrecer ao electorado os mellores candidatos para promover o proxecto de progreso co que a formación quere liderar o cambio político na Galiza", co que se construirá unha sociedade "máis xusta, igualitaria, solidaria, feminista e ecoloxista ".

Comentarios