Podemos e EU presentaranse por separado ás municipais en Lugo

Podemos, Esquerda Unida e Lugonovo –este último conta co apoio de En Marea–, forzas autodenominadas de unidade popular, presentaranse por separado ás eleccións municipais en Lugo.

Antón Gómez-Reino
photo_camera Antón Gómez-Reino é o secretario xeral de Podemos na Galiza

Divorcio de Podemos e Esquerda Unida en Lugo, cidade na que, finalmente, concorrerán por separado ás eleccións municipais ao non chegar a un acordo.

Polo autodenominado “espazo de unidade popular”, que nun primeiro momento se ligara ás mareas, presentaranse á Alcaldía de Lugo Podemos, EU e tamén Lugonovo, forza que conta co apoio orgánico de En Marea.

EU contará coa adhesión de Equo e concorrerá baixo a marca ACE, unha coalición da que será candidato Carlos Portomeñe, quen recunca como cabeza de lista.

En 2015 presentáranse ás municipais en Lugo tanto Lugonovo, impulsada daquela por sectores próximos a Podemos, Anova e Espazo Ecosocialista, e mais ACE, promovida por EU. Lugonovo conseguira duas actas, mentres que ACE conseguira só unha.

Comentarios