Eleccións

Podemos di que traballará entendendo as "particularidades" de cada territorio

De cara ás eleccións xerais, o líder de Podemos, Pablo Iglesias, aposta en “traballar entendendo que cada territorio ten unas particularidades propias”.

podemos
photo_camera podemos

Ao inicio do Consello Cidadán Estatal que está a ter lugar en Madrid, Pablo Iglesias, secretario xeral de Podemos, sinalou en declaracións aos medios que a formación está a traballar “entendendo que cada territorio ten particularidades propias”. Neste sentido, afirmou que o seu partido desenvolve unha folla de ruta que posibilidade o “encontro” con outros sectores sociais e políticos de cara a preparar as candidaturas para as eleccións xerais.

Nesta liña, Pablo Iglesias puxo de manifesto que “pode haber comunidades autónomas ou provincias onde espazos unitarios a través de primarias abertas poidan relacionarse con nós”. Apuntou que Podemos será “moi coidadoso e prudente” co fin de que “haxa moito sectores que poidan acompañarnos para construír xuntos o camiño que todos queremos”.

Ao PSOE non lle preocupa unha Marea Galega

Pola outra banda, no transcurso dunha entrevista publicada por Radio Galicia-Cadena Ser, o presidente da Deputación da CoruñaValentín González (PSOE) sinalou, en relación á posibilidade de que se presente unha candidatura de unidade popular de cara ás eleccións galegas, que “se hai unha Marea será para aplaudir e non para preocuparse”.

“Vai depender de nós mesmos, é de admirar que a xente queira cambiar as cousas e no PSOE temos que traballar para volver ser queridos”, apuntou. “Ser quen de recuperar esas forza vai depender de nós mesmos”, engadiu.

Comentarios