Podemos abre a votación para elixir os seus dirixentes na Galiza

Breogán Rioboo é candidato apoiado por Pablo Iglesias e o que conta con máis posibilidades de converterse en líder da formación, posto para o que tamén se presentan outras tres persoas, coa lista de Ana Sánchez como a gran competidora da favorita.

[Imaxe Podemos]
photo_camera [Imaxe Podemos]

O domingo finalizou a campaña electoral para os órganos autonómicos de Podemos en todo o Estado, que dan paso, tamén na Galiza á votación que terá lugar durante toda esta semana e que decidirá vencedores na fin da mesma. Breogán Rioboo da candidatura Claro que Podemos é o principal favorito para se converter no líder na Galiza.

Rioboo, que militou en BNG e Anova, fai parte dos grupos apoiados desde a cúpula do partido en Madrid, como a galega Carolina Bescansa ou o mesmo Pablo Iglesias. Terá rival na lista de Ana Sánchez con Podemos con Galicia, que conta con respaldos e amosouse moi activa na campaña. Nun terceiro chanzo aparecen Galicia Pode de Susana Fernández e o independente Xaime Castaño.

Por outra parte, Podemos aprobou co 57% dos votos a favor integrarse en Santiago na candidatura de Compostela Aberta, onde é moi probábel que coincidan coas forzas de AGE, como pode ocorrer na Coruña en Marea Atlántica. En Pontevedra, a Marea desa cidade elixiu o escritor Luis Rei como cabeza de lista.

Comentarios