PNV e PDeCAT bloquean o acordo para designar Andrés Gil novo presidente de RTVE

PSOE e Podemos consensúan o nomeamento do que é actualmente redactor xefe de Política do dixital para a cadea pública española. Nacionalistas vascos e cataláns trasladaron o seu malestar por non ser consultados nin informados en ningún momento, cando os seus apoios son indispensábeis para nomealo presidente. 

andres gil
photo_camera andres gil

O xornalista Andrés Gil, redactor xefe de política en Eldiario.es, é o candidato de consenso de PSOE e Podemos para presidir RTVE. Un nomeamento que debe ser aprobado no Congreso dos deputados por maioría absoluta. Terían, pois, que apoialo todos os que respaldaron a moción de censura de Pedro Sánchez contra Mariano Rajoy. Mais non parece que esa maioría se vaia repetir nesta cuestión: PNV e PDeCAT xa amosaron o seu desagrado e irritación, segundo informa a Cadena Ser,  porque o nome se pacte entre Podemos e PSOE sen debatelo nin consensualo co resto de informacións, que nin serquera foron informadas. Desde Esquerra, Joan Tardá afirma nas redes sociais que o PSOE "equivócase" se pensa que van votar o nomeamento a cambio "dun cargo" no ente público.

Durante as negociacións puxéronse varios nomes sobre a mesa, como o da galega Ana Pardo de Vera, directora de Publico.es, ou Arsenio Escolar, que dirixira 20 minutos. Finalmente, o acordo entre socialistas e podemitas atuinxiuse en torno ao nome deste xornalista madrileño, que pasou por El País e fora director do ADN antes de recalaren Eldiario.es.

RTVE é unha das maiores corporacións públicas europeas. Ten un cadro de persoal de 6.400 traballadoras e traballadores  e dispón de sete cadeas de televisión e cinco emisoras de radio. 

Comentarios