Pilar Rojo quere introducir patrocinadores nas actividades do Parlamento

Marcas comerciais presentes no funcionamento da cámara de representación d@s galeg@s.  Esa é a nova ocorrencia que trasladou á opinión pública a presidenta do Parlamento coa intención de reducir gastos

A presidenta do Parlamento, Pilar Rojo acusou a oposición de cometer "un atentado" contra "unha alta institución do Estado"

A actividade lexislativa pública non sería unha das maiores expresión da democracia, senón unha xentileza dunha cadea de supermercados. Ese horizonte non é unha brincadeira e si unha posibilidade logo de que así a expuxese a presidenta do Parlamento galego, Pilar Rojo, do PP e cuxa actuación durante a presente lexislatura está a ser constantemente discutida desde as forzas da oposición.

“Aspiro á autofinanciación e teño algunhas ideas. Sempre estou á busca e quero que poidamos reconducir algunhas cuestións e podamos autofinanciarnos, sobre todo, para algún tipo de actividades coas que a Cámara fose de interese para patrocinadores”, dixo Rojo nunha entrevista a Europa Press.
 
A presidenta do Parlamento non pecha a porta a novos recortes no Hórreo. “O soldo dos deputados dependerá que como estean as cousas no nivel xeral”, afirma Rojo sobre algún dos efectos posíbeis na Cámara de novas medidas de recortes na función pública. 

Comentarios