Rojo pide que a Fiscalía investigue @s deputad@s de AGE e BNG

A presidenta da Cámara proporá á Mesa do Parlamento instar á Fiscalía a investigar "a sabotaxe" do pleno desenvolvido o pasado día 29 de xaneiro.

O Partido Popular e o PSOE debaterán esta terza feira a proposta da presidente, como únicos grupos con representación no órgano reitor do Parlamento. Pilar Rojo, que procurará aliás chegar a un acordo coa oposición en aras do estabelecemento dun réxime de visitas á tribuna parlamentar, podería optar pola investigación xudicial como sanción após os acontecementos decorridos na última sesión plenaria e ao abeiro dos informes xurídicos e de seguridade elaborados polos servizos da Cámara.

A proposta de Rojo, marcaría aínda máis distancias entre @s socialistas e os demais grupos da oposición, de apoiaren a proposta. No entanto, o PSOE só conta con dúas cadeiras na Mesa parlamentar sendo maioría a representación parlamentar. De seguir adiante a idea defendida por Pilar Rojo, o Ministerio Fiscal sería quen finalmente decidise se iniciar ou non medidas contra @s deputad@s que facilitaron a entrada dos traballadores do naval no Pleno.

Comentarios