Pilar Rojo busca elementos para sancionar @s deputad@s que rexeitaron o seu veto

Ao igual que fixera con afectad@s pola estafa das preferentes, a presidenta do Parlamento encarga á policía adscrita e aos servizos xurídicos sendos informes


A presidenta do Parlamento galego, Pilar Rojo, volve turrar de sendos informes da policía adscrita e dos servizos xurídicos na procura de elementos que lle permitan sancionar o "grave atentado contra unha alta institución do Estado" que di cometeron @s deputad@s de AGE e BNG ao lles facilitar a entrada a traballador@s do naval e da universidade para que levasen as súas protestas a unha Cámara vetada á cidadanía. Non é a primeira vez que procede deste xeito, pois xa mandara investigar @s afectad@s polas preferentes que entraran no Hórreo en decembro.

Co regulamento na man, a pena máxima que lles poría impor sería a suspensión temporal dun mes como parlamentari@s. Porén, o PP xa lle sinalou a Rojo cal era o camiño que debía seguir nunha comparecencia realizada esta cuarta feira pola súa voceira, Paula Prado, quen rexeitou o acontecido no hemiciclo e mostrou a confianza en que a presidenta do Parlamento "non lles abone a parte proporcional do salario correspondente". Máis concretamente, Prado confía en que @s deputad@s do conxunto da oposición renuncien a ese diñeiro por si propi@s, pois Rojo non ten potestade para aplicar unha sanción destas características.

Comentarios