Entrevista política no Sermos249

Pilar Cancela, sobre se optará a liderar o PSdeG: "Non digo nen que si nen que non"

Pilar Cancela é a protagonista da entrevista política do Sermos249, xa nos pontos de venda habituais. Nesta conversa avalía o estado do partido após as primarias -aquí a palabra chave sería "ilusión"-, opina sobre a política de alianzas do PSdeG co resto de forzas progresistas do país e lida cunha pergunta arredor das súas opcións a liderar a formación socialdemócrata na Galiza. Eis un extracto da entrevista.

Pilar Cancela. Entrevista na Rúa do Pino. 5 de xuño de 2017.
photo_camera Pilar Cancela, durante a conversa

-Vaste postular como líder no congreso do PSdeG?

É unha decisión que non teño tomado en absoluto. 

1

-Logo non o desbotas?

-Eu non digo nen que si nen que non. É unha decisión que hai que tomar con carácter colectivo, non é unha decisión individual. Hai que pensar naquela persoa ou naquelas persoas... quen vai elixir vai ser a militancia...

-Mais si é unha decisión individual de cada quen a de se apresentar ou non como candidata.

-Si, mais é importante que haxa un respaldo colectivo. Os proxectos nunca son persoais, sempre teñen que buscar aquilo que xere máis consenso e iso de momento non está decidido.  A decisión non está tomada. Hai que lle dar aínda un par de voltas.

[A íntegra da entrevista, unha dupla páxina, aparece no Sermos249, disponíbel xa na nosa loxa e nos pontos de venda habituais].

Comentarios