Eleccións galegas

Pilar Cancela móstrase disposta a ser candidata “se o partido llo pide”

Un día após anunciar Alberto Núñez Feijóo que recunca como candidato do PP á presidencia da Xunta, a responsábel da xestora do PSdeG, Pilar Cancela, deixa a porta aberta a ser a aspirante da formación socialdemócrata a presidir o Goberno galego.

Pilar Cancela_PSdeG
photo_camera Pilar Cancela_PSdeG

“Pilar Cancela é unha persoa de partido e sempre estará disposta ao que o partido lle pida, porque un ten que estar para o partido para o bo e para o malo, non só cando as cousas pintan ben, senón cando se necesita que a xente estea aí apostando”. Así contestaba na mañá do domingo na Ser Pilar Cancela, presidenta da xestora do PSdeG, preguntada por se se ve posíbel candidata da formación socialdemócrata á presidencia da Xunta.

“Se ese fose o caso, que non digo que vaia ser, porque cando un contesta as cousas así sei que é perigoroso (...) calquera cousa que o partido me pida, se é necesario que eu tome unha decisión faríao”, engadiu ao respeito a dirixente do PSdeG.

Desta maneira, Pilar Cancela deixa a porta aberta a ser a candidata do PSdeG nas eleccións primarias se a formación considera que é a persoa axeitada para encabezar a candidatura. Nas próximas semanas coñecerase a data exacta na que o PSdeG convocará os comicios primarios para a elección do candidato ou candidata á Xunta.

Comentarios