Pietro Gotusso faise co Premio Compostela de Álbum Ilustrado

O autor italiano Pietro Gottuso é o gañador do XIII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado grazas a un proxecto titulado Desde 1880, que representa o paso do tempo a través dunha libraría. 

Mostra do traballo gañador desta edición do Premio Compostela (Foto: Nós Diario)
photo_camera Mostra do traballo gañador desta edición do Premio Compostela (Foto: Nós Diario)

O autor italiano Pietro Gottuso é o gañador do XIII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado grazas a un proxecto titulado Desde 1880, que representa o paso do tempo a través dunha libraría. 

O certame, organizado polo Departamento de Educación do Concello de Santiago e a editorial Kalandraka, ten unha dotación económica de 9.000 euros e a publicación da obra nas cinco linguas peninsulares.

O xurado -que nomeou finalista a artista guipuscoana Maite Gurrutxaga por Bola- destacou a capacidade do gañador de "reflectir o paso do tempo empregando unha libraría como testemuña privilexiada", así como a "audacia artística" que representa usar a madeira como soporte das ilustracións.

Comentarios