Piden que se declare 'persoas non gratas' aos 15 deputados do PPdeG que aprobaron a quita nas preferentes

A iniciativa do BNG en Compostela pretende reprobar a decisión d@s parlamentares do PPdeG que validaron o Real Decreto de Rajoy. Os nacionalistas, aliás, pedirán que a corporación da capital de Galiza rexeite a norma e apoie que @s estafad@s recuperen todos os seus aforros

Rafa Vilar, concelleiro do BNG
photo_camera Rafa Vilar, concelleiro do BNG

O concelleiro nacionalista, Rafa Vilar, lembrou que o BNG ten desenvolvido diferentes iniciativas, tanto a nivel de institucións como de rúae daman dos colectivos e plataformas de afectad@s, para apoiar as reivindicacións dos milleiros de familias galegas estafadas por este calote.

Nesa liña, a fronte presenta unha moción na que se solicita a reprobación d@s 15 deputad@s do PPdeG que co seu voto no Congreso español aprobaron a aplicación dunha quita do 43% a estas persoas estafadas. “Entre estes 15 deputad@s figura acompostelá Marta González Vázquez que forma parte da lista, no posto 24, coa que Conde Roa concorreu ás eleccións municipais e, tal como vai esa lista, calquera día entra na Corporación municipal”, sinalou o concelleiro.

“Estes 15 deputados e deputadas do PP incumpriron os seus compromisos coa cidadanía ao votar a favor deste Real Decreto que precede a un atraco sobre os aforros de centos de persoas na nosa cidade e milleiros en Galiza que tiñan cartos investidos nas antigas caixas de aforro e hoxe ven como desaparecen”,manifestou Rafa Vilar.

"Escracho institucional para sinalar responsábeis"

Para os nacionalistas, é importante que un Concello como o de Compostela sexa quen de rexeitar unha medida coma esta e que se reprobe a actitude d@s deputad@s que votaron a favor nunha especie de “escrache institucional” que defende esta moción para que se poida recuperar o 100% do diñeiro.

Comentarios