Incidentes

Piden dous anos de prisión para un militante de Nós-UP polos incidentes con Galicia Bilingüe

O membro da organización independentista é acusado de “desordes e danos”.

Abraám Alonso Pinheiro, compoñente da Dirección Nacional de Nós-UP, enfróntase a unha petición de dous anos de cadea ao ser acusado pola fiscalía de “desordes e danos” durante os incidentes ocorridos en febreiro de 2009, cando distintos grupos nacionalistas protestaron diante da manifestación en contra do galego convocada por Galicia Bilingüe e apoiada polo PP, xunto a UpyD ou a Falange.

O militante independentista tamén podería perder o seu dereito a sufraxio e ter que pagar unha forte multa económica en caso de ser condenado, segundo denuncia Nós-UP, que quixo expresar a súa “solidariedade e apoio a Abraám e ás demais pessoas acusadas polo Reino de Espanha, entre as que também estám involucradas mais ativistas da esquerda independentista e socialista galega, que só som 'culpáveis' de amarem e defenderem sem complexos a Galiza e o seu principal sinal de identidade, o galego”.

Comentarios