Os grupos da oposición na Cámara galega (PSdeG, Común da Esquerda, BNG e mixto) uníronse para solicitar que o presidente da Xunta, Núñez Feixoo, compareza ante a Deputación Permanente para informar do brote de coronavirus na comarca da Mariña.
Nun escrito rexistrado na mañá desta segunda feira, ao que tivo acceso Europa Press, demandan a convocatoria do órgano interino do Lexislativo galego para abordar a proposición, que pide a Núñez Feixoo que ofreza explicacións no Pazo do Hórreo sobre a situación desta zona do norte da Galiza, fechada desde a madrugada da segunda feira ante o incremento de casos, que exceden xa a barreira do centenar de infectados.
A petición prodúcese a menos dunha semana para a realización este domingo dunhas eleccións galegas que o Bloque pide xa suspender na comarca afectada, mentres que Marea Galeguista e Galicia en Común enviaron senllos escritos á xunta electoral nos que cuestionan sobre como se desenvolverá o proceso no caso de que A Mariña continúen unhas restricións que, polo momento, manteranse até a sexta feira.