Pesar polo falecemento de García Buitrón, médico e ex senador de Podemos

Natural do Bierzo, desenvolveu na Galiza unha importante carreira médica. Militou na esquerda, en diferentes proxectos, como Unidade Galega, PSOE e Podemos.

[Imaxe: Radio Galega] Buitrón
photo_camera [Foto: Radio Galega]

“Hoxe choramos cunha dor profunda a José García Buitrón, home sabio, nobre, entregado sempre aos demais. Que difícil dicirche adeus, querido amigo”. Con esta mensaxe nas redes sociais despedía a vicepresidenta Yolanda Díaz a García Buitrón, falecido repentinamente este sábado aos 77 anos de idade. Unha dor que tamén expresaron nas redes sociais, entre moitos outros, a ministra Ione Belarra, o ex secretario xeral do PSdeG Gonzalo Caballero ou o deputado no Congreso Gómez Reino, entre moitos outros.

Recoñecido profesional, foi responsábel da Oficina de Coordinación de Transplantes

García Buitrón naceu no Bierzo e foi na Galizaí onde desenvolveu a súa profesión médica, sendo dos primeiros en realizar transplantes na Galiza ou ocupando o posto de xerente do CHUAC.

En política, o seu compromiso ao longo destas décadas estivo sempre nas fileiras da esquerda, se ben en diferentes siglas, como Unidade Galega, PSOE ou Podemos, organización pola que foi senador. Era, desde hai uns anos, secretario municipal de Podemos na Coruña.

 

Comentarios