Persoas do galeguismo e o nacionalismo que non fan parte do BNG piden o voto para Ana Pontón

Entre as asinantes están ex alcaldes como Manuel Antelo, Rafael Cuíña ou Xavier Simón.
Urna electoral (Imaxe: Polaris / Contacto).
photo_camera As eleccións galegas serán o 12-X (Imaxe: Polaris / Contacto)

“É agora” é o título dun manifesto que reivindica o autogoberno como ferramenta para saír da crise sanitaria e económica que deixa a pandemia da COVID19. Un documento que asinan, entre otras, quen fora vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana e tamén ex alcaldes como Manuel Antelo (Vimianzo), Rafael Cuíña (Lalín) ou Xavier Simón (Arbo). Tamén asinan o manifesto, entre outros, o escritor Xavier Alcalá, o profesor da UDC Carlos Aymerich, o avogado Pérez Lema ou o profesor da USC Xavier Ferreira

O texto afirma que “as esixencias cívicas” que o texto enumera “obrigan ao compromiso político inmediato outorgándolle a nosa confianza á proposta soberanista galega do BNG e de Ana Pontón”.

Tamén aponta que “despois do 12 de xullo” é preciso “alargar a base social e política do galeguismo desde os valores do republicanismo cívico, a participación cidadá, a afirmación da identidade, a economía mixta, a centralidade e a transversalidade, a inclusión e a integración social, a igualdade e o desenvolvemento sostíbel”.

Comentarios