Reunión de Ferreiro e Sánchez en pleno distanciamento mareas-PSOE

O alcalde da Coruña e o secretario xeral do PSOE mantiveron un encontro no Hotel Finisterre, aproveitando a visita do lider socialista a Galiza, xuntanza na que trataron da situación política.

Pedro Sánchez
photo_camera Pedro Sánchez

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e o secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, reuníronse durante algo máis de media hora nun céntrico hotel coruñés, unha xuntanza que se produce nun momento de distanciamento e reproches entre socialistas e mareas. A xuntanza, da que informou a Cadena Ser, serviu para que ambos os dous políticos falasen de cuestións de “política xeral”. Unha conversa na que había, segundo informa a emisora, quecita fontes socialistas, tres niveis distintos. Un estatal, co papel de En Marea a respeito das negociacións para o proceso de investidura, após a negativa da coligazón a apoiar a Pedro Sánchez nas dúas primeiras votacións. Outro plano sería o galego, co horizonte das eleccións autonómicas e a derrota do PP. E, por último, o nivel local, onde apños o apoio socialista á investidura de Marea Atlántica, hai un estancamento en negociacións tan importantes como os orzamentos

Anova, contundente

O alcalde e co-portavoz de Anova, Martiño Noriega; e o líder desta formación, Xosé Manuel Beiras, tiveron mensaxes contundentes para o PSOE nesta xornada de visita de Pedro Sánchez a Galiza. Beiras criticou a posición do candidato socialista, ao que preguntou "en qué partido está" e se cre que "é igual o criptofascismo de Ciudadanos que unha forza política de esquerdas". Insistiu en que o líder do PSOE ten que escoller entre un acordo "de centro cara á esquerda" ou "deixarse utilizar para xogar e chegar á gran coalición, á vez que tachou de "mentira" o apoio dos socialistas nos gobernos municipais do cambio. "Que llo pregunten a Xulio Ferreiro ou a Martiño Noriega, que non conseguen aprobar os presupostos", sentenciou.

Noriega, de por parte, acusou Pedro Sánchez de facer unha "escenificación dun escenario electoral", e rexeitou o acordo dos socialistas con Ciudadanos, forza que considera "máis reaccionaria que o PP". O alcalde compostelán demanda do PSOE a “mesma sensibilidade" co “dereito a decidir" de Cotobade e Cerdedo [que os socialistas apoian) que co dos pobos do Estado. 

Comentarios