Pedro Sánchez mostra o seu respaldo a Besteiro: “Creo na súa inocencia”

O secretario xeral dos socialistas defende a “honestidade” do líder do PSdeG e di que a imputación por varios delitos contra Besteiro non é comparable coas acusacións que lanzou contra o PP durante o debate con Rajoy.

Besteiro e Sánchez
photo_camera Besteiro e Sánchez


Pedro Sánchez sae en defensa de José Ramón Gómez Besteiro. O secretario xeral dos socialistas defendeu a “honestidade” do líder do PSdeG, preguntado polas alusións contra Besteiro durante o debate con Mariano Rajoy

Creo na súa inocencia”, dixo Sánchez nunha entrevista en Onda Cero, segundo declaracións recollidas por Europa Press. O candidato á presidencia do PSOE dixo que a imputación de Besteiro non é “comparable” coas acusacións por corrupción que lanzou contra o Partido Popular.

Sánchez xa apoiara a Besteiro –imputado por tráfico de influencias, suborno, prevaricación e un delito contra a ordenación do territorio– o pasado día 8 ao líder do PSdeG nun mitin na Coruña. 

Unha “fronte común” pola pesca

Pola súa banda, o candidato do PSOE ao Senado por Pontevedra, Abel Losada, propuxo esta cuarta feira crear unha “fronte común” pola defensa do sector pesqueiro, que considerou “estratéxico” para Galiza, durante un encontro cos armadores de Vigo.

Losada dixo que o PP non conseguiu liderar esa fronte nin atopar solucións polo que “non está nin se espera”, en relación á conselleira e á ministra do ramo por non escoitar as demandas do cerco acampado en Compostela.

Comentarios