Di que terá que facelo se lle abren xuízo oral

Pedro Sánchez apoia que Besteiro non dimita como secretario xeral do PSdeG

O secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, pronunciouse a respeito das novas imputacións de José Ramón Besteiro, o seu homólogo no PSdeG, quen o sábado anunciou que renuncia a ser candidato á presidencia da Xunta mais quen se mantén no cargo orgánico. Porén, Sánchez avisou de que se se lle abre xuízo oral “deberá dimitir”.

PSdeG besteiro sanchez

En declaracións en La Sexta, Pedro Sánchez reaccionou ante á situación procesual á que se enfronta Besteiro, ao que a pasada quinta feira lle expresou publicamente o seu apoio. O secretario xeral do PSOE sinalou que confía na inocencia de Besteiro malia as súas seis novas imputacións relacionadas coa corrupción pero advertiu de que se se lle abre xuízo oral “deberá dimitir” dese cargo orgánico.

O líder do PSOE apoiou a decisión de Besteiro de non aspirar á presidencia da Xunta, dado que “así demostra que é un político que asume a súa responsabilidade en primeira persoa”. Lembrou que o código ético dos socialdemócratas estabelece que a dimisión de cargos orgánicos do partido e as responsabilidades de carácter político se asumen no momento da apertura de xuízo oral.

A este respeito, opinou que é “moito máis razoábel” que se abandonen os cargos públicos só coa condición de estar imputado e que as responsabilidades políticas se asuman só no caso de que se abra xuízo oral.

Comentarios