"Estou satisfeita". Paula Prado declara ante o xuíz como imputada por fraude e tráfico de influencias

A deputada e ex-portavoz do PPdeG declarou durante dúas horas diante do xuíz designado polo TSXG. "Había tempo que quería dar a miña versión", sinalou Prado.

paulaprado_capa
photo_camera paulaprado_capa

A deputada e ex-portavoz do PPdeG Paula Prado declarou durante case dúas horas perante o xuíz instructor designado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza. Dixo estar satisfeita por “poder dar a miña versión. Había tempo que quería e agora chegou o momento”.

O TSXG decidiu investigar a autorización de pagamento dunha factura municipal de Santiago de Compostela (onde Prado era concelleira do Partido Popular) cun sobre custo de 3.000 euros pola representación en 2012 de ‘La abeja Maya’. Tamén a influencia da parlamentar do PP na contratación de persoas en firmas e empresas concesionarias de obras e servizos do Concello compostelá. E a iso engádese a intervención na resolución de 2 expedientes dun establecemento de lecer. “Non fixen nada que non se axuste a dereito”, manifestou Paula Prado após declarar.

Comentarios